Sobre nós

A minha foto
Lisboa, Grande Lisboa, Portugal
O Centro Galego de Lisboa oferece entre a sua proposta formativa cursos de baile tradicional não-galego como sevilhanas, flamengo e mesmo salsa, ritmos todos eles que têm pouco a ver com a nossa cultura. O Centro Galego de Lisboa conta já com mais de 100 anos de história e é um dos mais sobranceiros da diáspora.

Translation

terça-feira, 13 de setembro de 2011

PROGRAMA SETEMBRO

 Xa estamos de volta, con mais actividades, 
con forza e vontade, este mes temos:


  VENRES 16 DE SETEMBRO / 20.30h

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN INTERNACIONAL DE PINTURA, ESCULTURA E CERÁMICA “Reencontros
Centro Galego de Lisboa

Sala Leocadia Boullosa

 A natureza molda o Homem perante as condições geométricas do Mundo. O traçado da figura, a cor, as luzes e sombras onde a imagem adquire um corpo e nasce por si mesma trazendo o Homem consigo. E a relação entre Homem e imagem permanece quase que imutável, evoluindo numa gestação embrionária que só as rotações do Mundo pode alterar.     
 É da relação homem-imagem que nascem mundos próprios, levando o artista à partilha de lugares comuns, imagens em que se encontra e reencontra com o outro. Partilham-se momentos, plasmados na imagem que é estática, mas que ganha pés e vida própria quando reencontrada com a imagem do outro. E assim, nascem novos mundos. Partilham-se novos conhecimentos, caminhos paralelos que as fronteiras das rotações do Mundo insistiram em separar, mas que a imagens tornaram de novo a juntar.
  Expondo as obras de artistas dos dois lados do Minho, Galiza e Portugal, Reencontros
mostra-nos um encontro artístico além das fronteiras na que a partilha de algo comum se sustenta. E é para este encontro e posterior reencontro, quebrada a fronteira do Minho, que a/o convidamos a entrar. 

PARTICIPANTES
ACACIO CAINETE_MARIA JOSE NUNES DE BRITO
EDUARDO CARQUEIJEIRO_HELENA MENDOÇA_MIZE BRITO
NOLO SUAREZ_PABLO SEXTO_ROSA SEOANE
GONÇALO MEXIA_FRANCISCO LACERDA_MARIA FERNANDA
FELIPE AMARAL_TUCHO_CARLOS GABRIEL GARCIA

TEXTOS: DIOGO GODINHO
CORDINACION: HUGO MALAINHO GARCIA - CONCHI DEZA
COMISARIO: XULIO VILLAVERDE

ORGANIZA:
XUVENTUDE DE GALICIA – CENTRO GALEGO DE LISBOA
ASOCIACION DAS ARTES E DAS LETRAS GALEGO PORTUGUESA – ALGP
ASSOCIAÇÃO DE ARTISTAS DE SETUBAL -  ARTISET

INAUGURACION VENRES 16 DE SETEMBRO AS 20.30 horas

Local de Exposición: Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa
Rua de Júlio de Andrade, 3 – Lisboa



SÁBADO 24 DE SETEMBRO
ASEMBLEA XERAL
Estimados socios chegou o tempo de escoller unha nova dirección polo que convocámoslles 
o vindeiro dia 24 para achegarse ao centro e manifestar a sua opinión, o seu dereito!!

Haberá duas convocatorias:                                                                  
   16.00h 1ª Convocatoria

17.00h 2ª Convocatoria
Contamos consigo!!

AGOSTO PECHADO

Benqueridos compañeir@s

O mes de agosto permaneceremos pechados por vacacións, 
voltaremos con mais noticias e eventos!!

PROGRAMA XULLO

VENRES 8 DE XULLO  
19.30 h.
INAUGURACIÓN I ENCONTRO FOTOGRAFICO INTERNACIONAL “VISIÓNS”


Certame convocado e organizado por: Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa - AAAGP, a Asociación das Artes e das Letras Galego Portuguesa - AALGP, e a Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa.
No Salón Nobre
ABERTA AO PÚBLICO ATA O 22 DE XULLO
DE LUNS A VENRES
ENTRADA LIBRE

Con música e petiscos…!


XOVES 14 DE XULIO 
20:00h
Cea de despedida tras 5 anos no cargo do  Exmo. Consul General de España
D. Álvaro Sebastián de Erice no Hotel Pestana Palace- Rua Jau, nº 54, Lisboa
+ información:  jnieto@ccile.org

VENRES 15 DE XULLO
20.30h
FESTA  ALUMN@S FLAMENCO /SEVILLANAS
Celebración  da Festa fin de curso d@s alumn@s  de sevillanas  e flamenco do Centro.
Haberá: CHURRASCO, SARDIÑAS, SANGRIA…

DOMINGO 24 DE XULLO
CELEBRACIÓN DÍA DE GALICIA e do APÓSTOLO SANTIAGO
19.30.h. MISA
Coa actuación da CORAL DA XUVENTUDE DE GALICIA
20.30h.  CEA
EMPANADA, POLBO Á FEIRASARDIÑAS, CHURRASCO…



sexta-feira, 3 de junho de 2011

PROGRAMA DE XUÑO

3 DE XUÑO / 21.00h
Conferencia: Vais a Santiago?
O que precisa saber – Testemunhos de Isabel Blanco Ferreira e Rui Souto, Peregrinos a Santiago – Grupo Ultreya
Na Junta da Freguesía do Estoril
Vale de Santa Rita, nº 45
Organizado polo Grupo de  Peregrinos a Santiago-Estoril
Contacto: 919545455




24 DE XUÑO / 21.30h
SARDIÑADA GALEGA-FESTA DE SAN XOAN
Por 5€ sardiñas, patacas, pan, viño, queimada
Incricións ata o dia 21
Tlf: 21 8853680
Organiza “ ANAQUIÑOS DA TERRA”

16 -30 DE XUÑO / 19.30h
INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN de PAULO AFONSO
"estórias & super-heróis"

Paulo Afonso, naceu en Lisboa fai 52 anos, cidade na que vive. 
É licenciado en Xestión de Empresas pola ISCTE   ten  como profesión principal a de director comercial bancario. 
Antes da actividade bancaria que comeza en setembro de 1981, 
exerce as seguintes actividades en part-time mentres estuda:


Do 76 ao 79, como creativo de artes gráficas especializada en desenvolvemento de imaxe para productos e empresas. Desenvolve técnicas de arte final e de fotografía, acompañando os traballos desde a súa concepción 
ata as provas finais de impresión.
Do 79 a 81 Director de grupo Editorial con publicacións na  área da entretenimento e moda.Paralelamente á actividade profesional, desenvolve fai cerca de 30 anos, 
actividade como artista plástico en  pintura e escultura.

A entrada na área artística foi incentivada por mestres como Mário Silva, Gamboa e Mário Cesarinny  
que o  levaron a fazer os  primeiros trabalhos para exposicións.

Totalmente autodidacta , aprende cos mestres e con frecuentes visitas a exposicións de arte  
en Portugal e no estranxeiro.

Ao longo destes anos realiza varias exposiçóns individuais e colectivas, das que destacan:
  • 1978 – GALERIA GIOCONDA - LISBOA – “VITRAIS”;
  • 1980 – GALERIA GIOCONDA  - LISBOA – “ÒLEOS /PINTURAS RECENTES”;
  • 1986 – PALACIO ANJOS - ALGÈS – “ÒLEOS E TEMPERAS”;
  • 1995 – GALERIA DA ÓPTICA DO CONDE REDONDO – “ÒLEOS RECENTES”;
  • 1996 – GALERIA DO AUDITÓRIO DE TORRES VEDRAS  – “PERSONAGENS” (ÓLEOS);
  • 2001 – CENTRO GALEGO DE LISBOA – “ANIMISMOS” (ÓLEOS E ESCULTURA);
  • 2004 – SACRAMENTO - LISBOA – “BIOMBOS” (TRÍPTICOS);
  • 2008 –  GEST’ART ART GALLERY  - LISBOA - “50/30” (ACRÍLICOS)

 Alguns dos seus traballos atópanse en coleccións privadas e institucionais no país e no estranxeiro, principalmente EEUU, España , Francia  e Alemania .
Presenta nesta ocasión, do 16 a 30 de xuño de 2011,   13 traballos recentes  na Xuventude de Galiza- Centro Galego de Lisboa , co título “ estórias e super heróis”
Os traballos a expor son na sua maioria de dimensións 1 m. x 1 m.
 Estas obras son dispares no tempo correspondendo aos mais recentes traballos  entre os anos 2009 a 2011, inspirados nas viaxes e nos Super Heroes .

DO 9 ó 22 DE XULLO
I ENCONTRO FOTOGRÁFICO INTERNACIONAL "Visións"

A Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa - AAAGP, Asociación das Artes e das Letras Galego Portuguesa - AALGP, Xuventudede Galicia - Centro Galego de Lisboa, organizan este I ENCONTRO FOTOGRÁFICO INTERNACIONAL VISIÓNS

Aberto a calquer persoa profesional ou aficionada á fotografia que queira participar.
Con este I ENCONTRO, so pretendemos dar a coñecer as diferentes concepcións do mundo de cada un d@s fotograf@s participantes.

BASES:
As fotografias non podran exceder o Tamaño A3
Cada Participante so podra participar con 2 obras
Podran participar tod@s aquelar persoas que se escriban e entreguen as obras antes do 15 de xuño de 2011
A inscrición tendra un coste de 5 - €  por participante



Este I ENCONTRO FOTOGRÁFICO INTERNACIONAL estará exposto ao publico na sala de exposicions  LEOCÁDIA BOULLOSA do Centro Galego de Lisboa, dende o 8 ao 22 de Xulio de 2011.
O fotógrafo de Cabo Verde TIAGO MOUTA LEÃO  será o fotógrafo convidado de esta primeira edición, co tema “Visions de Cabo Verde”

INCRICIONS EN:




sexta-feira, 27 de maio de 2011

Editada a obra completa de Lois Pereiro en edición bilingüe

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e Libros do Silencio presentaron onte dia 11 a edición bilingüe da obra completa do poeta Lois Pereiro, homenaxeado este año no Día das Letras Galegas.

A biblioteca da Cidade da Cultura foi o escenario da presentación desta edición conmemorativa. Obra completa. Edición bilingüe, na que se recorre a traxectoria do autor aolongo das súas 750 páxinas, con prólogo de Pere Gimferrer, introducción de Xosé Manuel Pereiro (irmán do homenaxeado) e traducción de Daniel Salgado. A publicación inclue os libros Poemas para una loia, Poemas 1981-1991, Poesía última de amor y enfermedad(1992-1995), Náufragos del paraíso, Modesta proposición para renunciar a hacer girar la rueda hidráulica de una cíclica historia universal de la infamia e Conversación ultramarina.

quinta-feira, 5 de maio de 2011

PROGRAMA DE MAIO

EXPOSICIÓNS

5 DE MAIO
Traslado da exposición do CentenArio de Álvaro Cunqueiro, 
inaugurada o dia 29 de abril no salón nobre ao Restaurante.

6 DE MAIO/ 19.30h.
Inauguración no Salón Nobre da exposición de pintura
“Realidades” de Paco Martín-Milán (Badajoz, 1964). É artista e
profesor de artes plásticas. A partir do 90 comeza a perfilar unha
pintura na que a representación mimética de obxectos e persoas
da paso á transmisión e emocións.

27 DE MAIO/ 19.30h.
Inauguración da exposición colectiva de
Raul Lourenço, Clara Villavieja e Alberto Mencos 
titulada “Tertulia entre amigos”.

LITERATURA

14 DE MAIO/ 20:00.
Presentación do libro Circe ou o pracer do azul de Begoña Caamaño 
na librería Ler de Vagar, LX Factory, 
antiga gráfica Mirandela en Alcântara, 
na Rua Rodrigues Faria103 de Lisboa. 
Contará coa presencia de Urbano Tavares, 
Emilio Xose Cambeiro e Isabel Lousada.

16 DE MAIO/ 20:00.
Encontro literario con Begoña Caamaño 
na Facultade de Ciencias Sociais e Humanas
da Universidade Nova de Lisboa.

17 DE MAIO/ 20:00 
DÍA DAS LETRAS GALEGAS DEDICADO A LOIS PEREIRO


Lois Pereiro nace en Monforte de Lemos en1958.
Realiza estudos de tradución en Madrid, 
alí vai estar vencellado a Manolo Rivas, Antón Patiño ou Xavier Seoane 
cos que colabora nas xa míticas publicacións Loia ou Luces de Galiza.

ÁS 12:00 
Inauguración da FEIRA DO LIBRO GALEGO que durará ata o día 26.

Ás 19:30 
Conferencia na nosa biblioteca sobre Lois Pereiro a cargo de 
Luciano Rodríguez Gómez (Viana do Bolo, Ourense, 1951). 
Licenciado en Filoloxía Románica é profesorde Literatura Galega 
da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. 
Aínda que se ten ocupado da narrativa e o teatro, 
case todas as súas publicacións están
relacionadas coa poesía Contemporánea.

Ás 21:00 
Espectáculo audiovisual e teatral en homenaxe a Lois Pereiro 
na nosa explanada.

23 DE MAIO/ 19:30.
Presentación do libro “Lois Pereiro, un calidoscopio” 
de Mario Regueira (Ferrol, 1979). 
É Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago. 
É presidente da Asociación de Xestores Culturais de Galicia. 
Ten publicado reseñas na revistaGrial. Como narrador publicou 
libro de relatos Rebelión no inverno (Xerais 2004) 
a novela “L’affiche rouge” (Xerais 2007); 
como poeta publicou Tanxerina (2006),
Premio Nacional de Poesía Xose María Pérez Parallé 
para autores inéditos.

CINEMA

CICLO DE CINEMA GALEGO/ 20:00 NA NOSA BIBLIOTECA
6 DE MAIO / “Camarote de lujo”
13 DE MAIO / “O bosque animado”
20 DE MAIO / “A mariñeira”
27 DE MAIO / “A língua das bolboretas”
28 DE MAIO- Maratona de cinema galego

FESTA GALEGA

21 DE MAIO / Á NOITIÑA, CARNE AO CALDEIRO
Con música e danza galega cos ANAQUIÑOS DA TERRA.
Inscricións ata o día 18, reserve xa!!


PALESTRAS NA FACULDADE NOVA
Aula 44 da Faculdade de Ciências Sociais.

5 DE MAIO
14:00. 
“A BANDA DESENHADA GALEGA”
A cargo do profesor Júlio Carvalho da Universidade de Salamanca.

15:15H. 
“DA LITERATURA GALEGA AO CANTO DE INTERVENCIÓN” 
A cargo do profesor Alberte Pombo 
da Universidade de Cáceres.

10 DE MAIO
14:00. 
“NOVO CINEMA GALEGO?”
A cargo do crítico de cinema e xornalista Martin Pawley.

sexta-feira, 1 de abril de 2011

Programa de Abril 2011


1 DE ABRIL
13:30 A 14:00
LER EM TODO LADO-MARATONA DE HISTÓRIAS
Con motivo das conmemoraciones do Dia Internacional del Libro Infantil e Dia Mundial do Libro (2 e 23 de abril, respectivamente). Alumnos da Escola básica de 1º ciclo S. José, irán a  ler e representar un fragmento da obra de teatro de Sofia Mello Breyner Andresen “A Menina do Mar“No palco da explanada ou non salón nobre.

6 e 8 DE ABRIL
ACTOS CONMEMORATIVOS CENTENARIO 
EX-PRESIDENTE JOAQUIN CALZADO BLANCO

Dia 6
16.15h. “Cemiterio da Galiza” (Estoril) oferenda de Corona de flores na sua campa
17.30h. Misa pola sua Alma na Igrexa de Santo António do Estoril, celebrada polo Padre Avelino Alves.

Dia 8
19.00h. Homenaxe na Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa, Misa pola sua Alma e a de todos os Presidentes falecidos, celebrada por D. José Carlos Otero, acompañada polo Coro do noso Centro seguida da inauguración da “Galería de Fotos dos Presidentes”. A presentación será feita polo sócioe amigo da família, Manolo Bello.Polas
21.00h. Cea convívio no Restaurante do Centro.

8, 9 10 E 11 DE ABRIL
OBRADOIRO/ WORKSHOP TANGO
A partir das 20.00h.
Con Alejandro Nievas
Máis información en
e no Tlf: 963 435 72


13 - 28 DE ABRIL
19.00h.
Inauguración da exposición do pintor de Monção RICARDO DE CAMPOS
Comeza a pintar como autodidacta  para despois estudar na Cooperativa Arvora, logo en Guimarães, na Escola Superior Galaecia en Vila Nova de Cerveira, e posteriormente na Facultade de Belas Artes no Porto.
Expón en Roma, Miami e Braga entre outros lugares, e en Galicia o fai en Samos, Mos e Oseira.Entrada libre


29 DE ABRIL
19.00h.
Inauguración Exposición sobre ÁLVARO CUNQUEIRO
Coma homenaxe a Álvaro Cunqueiro por mor do seu centenario se fará un percorrido pola súa vida e obra. No noso salón nobre. Entrade libre


sábado, 26 de fevereiro de 2011

Programa Marzo 2011


MARTES 1 DE MARZO 
18.30h.

Achegándose o DIA INTERNACIONAL DA MULLER, queremos lembrar os seus dereitos, 
tantas veces esquecidos, en tantas partes do noso planeta,
tan perto en tan lonxe de nos…
A “Associação da Amizade e das Artes Galego Portuguesa”  
organiza a exposición  
A Republica das Mulheres”
no Museu da República e da Resistência de Lisboa
como acto comemorativo e reivindicativo dos dereitos da muller
Esta mostra de pintura, escultura e fotografía, será inaugurada o vindeiro 1 de marzo ás 18.30h. 
e estará aberta ao público ata o 24 de marzo.

BIBLIOTECA MUSEU  REPÚBLICA E RESISTÊNCIA
ESTRADA DE BENFICA , 419  de LISBOA
Lembramos que a exposición coa mesmo temática podémola atopar 
tamén no CAE da Figueira da Foz e estará 
aberta ao público ata o dia 13 de marzo.
Polas mulleres sen direitos, as que sofren vexación, dor 
e privacións sen privilexio algún...
para deixar de ser “identidades anónimas”
Á todas as mulleres!!!

VENRES 18 DE MARZO
19.00H.
CONFERENCIA
CENTENARIO ÁLVARO CUNQUEIRO
que correrá a cargo do profesor Antonio Mira Lector de galego da Facultade de Faro, Universidade de Algarve na nosa biblioteca
20.15h.
CEA ENTROIDO
CONMEMORATIVA CENTENARIO ÁLVARO CUNQUEIRO
Como homenaxe á faceta gastronómica de Cunqueiro,
remataremos cunha cea no noso restaurante que leva o nome do  escritor mindoniense.
LACÓN CON GRELOS
FILLOAS
LICOR CAFÉ…
Data límite  de reserva 10 de marzo
Información no teléfono:
21 885 3680
De 11.00h-20.00h

MÉRCORES 24 DE MARZO
19.00H.
INAUGURACIÓN
EXPOSICIÓN DE PINTURA
de
CARMEN TOUZA
Pintora nada en Pontevedra en 1949.
No ano 1965 se muda a Alemania donde
vivirá 10 anos e se formará pictóricamente
e coñecerá o pintor checo Walter Womacka,
con quen realizará varios obradoiros de pintura no seu estudo de Berlín.
Coñecerá tamén o pintor Gerhard  Richter quen lle asesorará no seu estilo…
De volta a España realiza obradoiros con Modest Cuixart, Guinovart,
Eduardo Úrculo, Jaume Ponç e Jaume Coll, ex-decano da  
Facultad de Bellas Artes de Barcelona.
Posteriormente instálase en Tenerife e volta anos despois a súa terra natal, Pontevedra, cidade na que vive e traballa actualmente .
As súas exposicións van dende Alemania, Italia, España, Estados Unidos e Portugal, tanto individuais como colectivas.
A súa obra podémola atopar en varias coleccións en Alemania, Arxentina, Estados Unidos, Francia, Italia, JapóN e en numerosas coleccións de pintura españolas.

ABERTA AO PÚBLICO ATA O 12 DE ABRIL
DE LUNE A VENRES DE 11.30-13.30h. e de 16.00-20.00h.