MARTES 1 DE MARZO
18.30h.
Achegándose o DIA INTERNACIONAL DA MULLER, queremos lembrar os seus dereitos,
tantas veces esquecidos, en tantas partes do noso planeta,
tantas veces esquecidos, en tantas partes do noso planeta,
tan perto en tan lonxe de nos…
A “Associação da Amizade e das Artes Galego Portuguesa”
organiza a exposición
“A Republica das Mulheres”
no Museu da República e da Resistência de Lisboa
como acto comemorativo e reivindicativo dos dereitos da muller
Esta mostra de pintura, escultura e fotografía, será inaugurada o vindeiro 1 de marzo ás 18.30h.
e estará aberta ao público ata o 24 de marzo.
e estará aberta ao público ata o 24 de marzo.
BIBLIOTECA MUSEU REPÚBLICA E RESISTÊNCIA
ESTRADA DE BENFICA , 419 de LISBOA
Lembramos que a exposición coa mesmo temática podémola atopar
tamén no CAE da Figueira da Foz e estará
aberta ao público ata o dia 13 de marzo.
Polas mulleres sen direitos, as que sofren vexación, dor
e privacións sen privilexio algún...
tamén no CAE da Figueira da Foz e estará
aberta ao público ata o dia 13 de marzo.
Polas mulleres sen direitos, as que sofren vexación, dor
e privacións sen privilexio algún...
para deixar de ser “identidades anónimas”
Á todas as mulleres!!!
19.00H.
CONFERENCIA
CENTENARIO ÁLVARO CUNQUEIRO
que correrá a cargo do profesor Antonio Mira Lector de galego da Facultade de Faro, Universidade de Algarve na nosa biblioteca
20.15h.
CEA ENTROIDO
CONMEMORATIVA CENTENARIO ÁLVARO CUNQUEIRO
Como homenaxe á faceta gastronómica de Cunqueiro,
CONMEMORATIVA CENTENARIO ÁLVARO CUNQUEIRO
Como homenaxe á faceta gastronómica de Cunqueiro,
remataremos cunha cea no noso restaurante que leva o nome do escritor mindoniense.
LACÓN CON GRELOS
FILLOAS
LICOR CAFÉ…
Data límite de reserva 10 de marzo
Información no teléfono:
21 885 3680
De 11.00h-20.00h
MÉRCORES 24 DE MARZO
19.00H.
INAUGURACIÓN
EXPOSICIÓN DE PINTURA
de
CARMEN TOUZA
CARMEN TOUZA
Pintora nada en Pontevedra en 1949.
No ano 1965 se muda a Alemania donde
vivirá 10 anos e se formará pictóricamente
e coñecerá o pintor checo Walter Womacka,
con quen realizará varios obradoiros de pintura no seu estudo de Berlín.
Coñecerá tamén o pintor Gerhard Richter quen lle asesorará no seu estilo…
De volta a España realiza obradoiros con Modest Cuixart, Guinovart,
Eduardo Úrculo, Jaume Ponç e Jaume Coll, ex-decano da
Facultad de Bellas Artes de Barcelona.
Posteriormente instálase en Tenerife e volta anos despois a súa terra natal, Pontevedra, cidade na que vive e traballa actualmente .
As súas exposicións van dende Alemania, Italia, España, Estados Unidos e Portugal, tanto individuais como colectivas.
A súa obra podémola atopar en varias coleccións en Alemania, Arxentina, Estados Unidos, Francia, Italia, JapóN e en numerosas coleccións de pintura españolas.
ABERTA AO PÚBLICO ATA O 12 DE ABRIL
DE LUNE A VENRES DE 11.30-13.30h. e de 16.00-20.00h.



0 comentários:
Enviar um comentário