Sobre nós

A minha foto
Lisboa, Grande Lisboa, Portugal
O Centro Galego de Lisboa oferece entre a sua proposta formativa cursos de baile tradicional não-galego como sevilhanas, flamengo e mesmo salsa, ritmos todos eles que têm pouco a ver com a nossa cultura. O Centro Galego de Lisboa conta já com mais de 100 anos de história e é um dos mais sobranceiros da diáspora.

Translation

sexta-feira, 27 de maio de 2011

Editada a obra completa de Lois Pereiro en edición bilingüe

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e Libros do Silencio presentaron onte dia 11 a edición bilingüe da obra completa do poeta Lois Pereiro, homenaxeado este año no Día das Letras Galegas.

A biblioteca da Cidade da Cultura foi o escenario da presentación desta edición conmemorativa. Obra completa. Edición bilingüe, na que se recorre a traxectoria do autor aolongo das súas 750 páxinas, con prólogo de Pere Gimferrer, introducción de Xosé Manuel Pereiro (irmán do homenaxeado) e traducción de Daniel Salgado. A publicación inclue os libros Poemas para una loia, Poemas 1981-1991, Poesía última de amor y enfermedad(1992-1995), Náufragos del paraíso, Modesta proposición para renunciar a hacer girar la rueda hidráulica de una cíclica historia universal de la infamia e Conversación ultramarina.

quinta-feira, 5 de maio de 2011

PROGRAMA DE MAIO

EXPOSICIÓNS

5 DE MAIO
Traslado da exposición do CentenArio de Álvaro Cunqueiro, 
inaugurada o dia 29 de abril no salón nobre ao Restaurante.

6 DE MAIO/ 19.30h.
Inauguración no Salón Nobre da exposición de pintura
“Realidades” de Paco Martín-Milán (Badajoz, 1964). É artista e
profesor de artes plásticas. A partir do 90 comeza a perfilar unha
pintura na que a representación mimética de obxectos e persoas
da paso á transmisión e emocións.

27 DE MAIO/ 19.30h.
Inauguración da exposición colectiva de
Raul Lourenço, Clara Villavieja e Alberto Mencos 
titulada “Tertulia entre amigos”.

LITERATURA

14 DE MAIO/ 20:00.
Presentación do libro Circe ou o pracer do azul de Begoña Caamaño 
na librería Ler de Vagar, LX Factory, 
antiga gráfica Mirandela en Alcântara, 
na Rua Rodrigues Faria103 de Lisboa. 
Contará coa presencia de Urbano Tavares, 
Emilio Xose Cambeiro e Isabel Lousada.

16 DE MAIO/ 20:00.
Encontro literario con Begoña Caamaño 
na Facultade de Ciencias Sociais e Humanas
da Universidade Nova de Lisboa.

17 DE MAIO/ 20:00 
DÍA DAS LETRAS GALEGAS DEDICADO A LOIS PEREIRO


Lois Pereiro nace en Monforte de Lemos en1958.
Realiza estudos de tradución en Madrid, 
alí vai estar vencellado a Manolo Rivas, Antón Patiño ou Xavier Seoane 
cos que colabora nas xa míticas publicacións Loia ou Luces de Galiza.

ÁS 12:00 
Inauguración da FEIRA DO LIBRO GALEGO que durará ata o día 26.

Ás 19:30 
Conferencia na nosa biblioteca sobre Lois Pereiro a cargo de 
Luciano Rodríguez Gómez (Viana do Bolo, Ourense, 1951). 
Licenciado en Filoloxía Románica é profesorde Literatura Galega 
da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. 
Aínda que se ten ocupado da narrativa e o teatro, 
case todas as súas publicacións están
relacionadas coa poesía Contemporánea.

Ás 21:00 
Espectáculo audiovisual e teatral en homenaxe a Lois Pereiro 
na nosa explanada.

23 DE MAIO/ 19:30.
Presentación do libro “Lois Pereiro, un calidoscopio” 
de Mario Regueira (Ferrol, 1979). 
É Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago. 
É presidente da Asociación de Xestores Culturais de Galicia. 
Ten publicado reseñas na revistaGrial. Como narrador publicou 
libro de relatos Rebelión no inverno (Xerais 2004) 
a novela “L’affiche rouge” (Xerais 2007); 
como poeta publicou Tanxerina (2006),
Premio Nacional de Poesía Xose María Pérez Parallé 
para autores inéditos.

CINEMA

CICLO DE CINEMA GALEGO/ 20:00 NA NOSA BIBLIOTECA
6 DE MAIO / “Camarote de lujo”
13 DE MAIO / “O bosque animado”
20 DE MAIO / “A mariñeira”
27 DE MAIO / “A língua das bolboretas”
28 DE MAIO- Maratona de cinema galego

FESTA GALEGA

21 DE MAIO / Á NOITIÑA, CARNE AO CALDEIRO
Con música e danza galega cos ANAQUIÑOS DA TERRA.
Inscricións ata o día 18, reserve xa!!


PALESTRAS NA FACULDADE NOVA
Aula 44 da Faculdade de Ciências Sociais.

5 DE MAIO
14:00. 
“A BANDA DESENHADA GALEGA”
A cargo do profesor Júlio Carvalho da Universidade de Salamanca.

15:15H. 
“DA LITERATURA GALEGA AO CANTO DE INTERVENCIÓN” 
A cargo do profesor Alberte Pombo 
da Universidade de Cáceres.

10 DE MAIO
14:00. 
“NOVO CINEMA GALEGO?”
A cargo do crítico de cinema e xornalista Martin Pawley.