Benvidos ó blog da Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa, co que queremos achegar mais o noso centro a vostedes, a súa historia, os seus protagonistas e as súas actividades, queremos que este sexa un lugar para compartir informacións, ideas,opinións, comentarios, suxerencias, sexan benvidos!!
A Biblioteca está aberta ó público co horario de 11.00h-14.00 e de 15.30h-18.30h. Os que non sexan socios e queiran acceder á mesma pagarán inicialmente a cuota mensual. O préstamo dos libros será sobre os libros xa catalogados, salvo algunha rara excepción.
Comezemos cunha breve historia:
A Xuventude de Galicia- Centro Galego de Lisboa, nace o 10 de novembro de 1908, tras xuntarse un grupo de mozos coa intención de crear una “Sociedad de Instrucción y Recreo”, para instrucción e diversión dos socios e amigos.
O primeiro local foi na Rua da Rosa, 59-A-1º na que instalouse unha pequena Academia Musical baixo a dirección do profesor Alfredo Mota, deGuillade (Puenteareas), conseguindo, en pouco tempo, constituir unha fantástica rondalla que, con partituras de Veiga, Chané, Baldomir e outros compositores galegos facía as delicias da xente.
O éxito estaba asegurado; a nosa rondalla era convitada para dar audicións benéficas nas sociedades da capital adquirindo gran popularidade.
Posteriormente a sede pasará á Rua da Madalena, lugar de gran actividade para o centro, co que ficaría de novo pequeno e pasaría á actuallocalización, desde xullo do ano 1988 , na Rua Júlio de Andrade nº 3, de Lisboa, un palacete construído a finais do século XIX sobre unproxectodun arquitecto italiano, por doazón do ilustre socio, Manuel Cordo Boullosa, emigrante galego e gran defensor da nosa cultura.
A Xuventude de Galicia tense adicado, durante os seus mais de 100 anos de existencia, a divulgar a cultura, a historia, os costumes, a gastronomia de Galicia, España, e outras latitudes, non por mais afastadas menos importantes, a través da creación de diversos grupos e de diferentes actividades como:
“ANAQUIÑOS DA TERRA”
Grupo de danza e música tradicional galega, creado en 1956.
CLASES DE GAITA E DE DANZA GALEGA
GRUPO CORAL “XUVENTUDE DE GALICIA”
CANTAREIRAS E PANDERETEIRAS
CURSOS DE LINGUA GALEGA
SALSA
TANGO
SEVILLANAS E FLAMENCO
(No ano 1975, A escola de ballet español CELIA NEVES)
BALLET CLÁSICO…
E eventos como:
Exposicións de pintura, fotografía, escultura,conferencias, presentacións de libros, proxeccións de películas e documentais, concertos de música coral, clásica e tradicional galega, Teatro, Semanas gastronómicas, etc., e con días tan nosos como a Celebración do Día das Letras galegas e a Festa
do Dia de Galicia do 25 de Xullo, en gran parte có patrocinio da Xunta de Galicia.
Actualmente está a procederse á catalogación da Biblioteca do Centro, o seu fondobibliográfico está formado por uns 10.800 libros dos cuais 9.920 estan en galego, 475 encastelán e 405 en portugués, estas cifras son estimativas, xa que o proceso de catalogación foi interrumpido e retomado ha pouco tempo e non de maneira constante. Contamos tamén cunha videoteca cuns 52 títulos, unha cedeteca con 129 items entre cd´s e DVD´s.
Iniciáronse tamén dous fondos especiais, que consideramos de grande importancia:
FONDO EMIGRACIÓN GALEGA
Con aproximadamente uns 213 títulos
FONDO CAMIÑO DE SANTIAGO
Creado pouco mais de un ano que pode ter aproximadamente uns 165 títulos, e que de cara a este ano Xacobeo 2010 tentamos desde aqui divulgar e ofrecer todo o material einformación posible, sendo feitasmúltiples consultas, especialmente do camiño portugués.
Alén dos socios, acceden especialmente estudantes, investigadores, xornalistas, profesorese escritores, ainda que con certas limitacións, o mesmo tempo asesoramos e orientamos sobre alguns libros e outros temas relacionados con Galicia, especialmente culturales e turísticos.
Esta é á vosa casa!
Aberta ós amantes da cultura e o fraternal convivio…
0 comentários:
Enviar um comentário